Evento: O Principiño
O Principiño
O Principiño
Exposición
Exposición en torno á figura universal do Principiño que serve para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil. Consta de exemplares en distintas línguas e formatos desta obra global. Os exemplares proceden principalmente do fondo doado á Biblioteca por José Ramón Lorenzo Manso e por outras achegas de particulares.
Tamén contará con diferentes libros e obxectos comercializados arredor do universo do pequeno Príncipe. Ademais teremos un centro de interese con libros prestables da propia obra para distintas idades e outros títulos para achegarse á figura do autor.
A exposición poderase visitar no andar baixo da Biblitoeca dende o 29 de marzo ata o 24 de abril no horario de apertura da Biblioteca.
Ligazóns