Evento: Ben veñas, maio

Ben veñas, maio
xoves, 4 marzo, 2021 a sábado, 1 maio, 2021
Concello de Pontevedra,
Pontevedra

Ben veñas, maio

Certame de traballos de normalización lingüística.

O 23 de abril rematará o prazo de presentación de traballos dos certames ‘Ben veñas, maio’ organizado polos equipos de normalización lingüística dos centros públicos de ensino secundario de Pontevedra, co apoio do Concello, e que este ano repartirá 2.900 euros en premios.

O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, e o docente Manuel Reboredo, do IES A Xunqueira I, presentaron esta mañá a nova edición dos certames que convocan todas as categorías agás o certame musical e a semana de teatro, que xa non se puideran celebrar en 2020 por causa da crise sanitaria.

“Nesta nova edición os obxectivos permanecen intactos” asegurou Alberto Oubiña, que lembrou que “son os obxectivos que nos levaron a organizar hai 28 anos estes certames e que están centrados no fomento e no incremento do idioma galego entre a xente máis moza e ademais durante todos estes anos buscamos que a expresión artística en galego sexa maior e tamén dar cabida a novas e novos creadores en lingua galega”. Unha idea na que tamén coincidiu Manuel Reboredo afirmando que “a participación soe ser aceptable e a receptividade do alumnado cara a lingua é boa, non hai rexeite, e sobre todo fomenta a creatividade na nosa lingua para que vexan que é válida para calquera tipo de eventos da vida cotiá e tamén para o traballo literario e artístico”.

Nesta edición, convócase o III Certame de Videoclips musicais, o V Certame de curtamentraxes, o XX Certame de fotografía, o XXVIII certame de banda deseñada, o XXVIII Certame de narración curta e o XX Certame de poesía.

Os certames de curtametraxes, fotografía, banda deseñada, narración curta e poesía contarán cun primeiro premio de 150 euros e un lote de libros, e un segundo premio de 100 euros e un lote de libros.

O certame de videoclips musicais contempla un primeiro premio de 450 euros e diploma, un segundo premio de 300 euros e diploma, e un terceiro premio de 150 euros e diploma.

O formato de entrega de premios decidirase no mes de maio en función da situación sanitaria.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2023-24
23 de xuño a 31 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
XV Premio Atlante de Gravado
9 de setembro a 31 de maio
Colección Visitable Fundación Museo de Artes
Club de lectura infantil
14 de outubro a 24 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Palestina
22 de marzo a 30 de abril
Biblioteca Pública de Ourense