Evento: Verto

Verto
sábado, 17 xullo, 2021 - 21:30
Casa Museo Rosalía de Castro,
Padrón

Verto

Concerto dentro do Festival Carballo Interplay 2020.

Verto son dous mozos máis ou menos de Santiago que fan, primeiro de nada, música Pop, da moderna, da de agora. Teñen influencias do trap e do R&B
máis actual, pero miran con ansia cara a música dos 80. Levan moi pouco tempo, concretamente desde novembro do 2019 que estrearon o seu primeiro single Amolecer. Desde aquela acumulan unha media de 26.000 oíntes mensuais en Spotify. Segundo eles mesmos din, non lles gusta tomarse tan en serio. Só queren facer música que lle faga bailar aos colegas. Só queren facer temazos con moito autotune e coa maxia que ten gravala na habitación de Fer, e con iso, ser capaces de chegar a todo o panorama estatal. Digamos que o seu é Puro Lecer.

  • Verto - Como son Goku (videoclip oficial)

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
Iseo & Dodosound
10 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5