Evento: Merendas con contos: Os Ratos de Lonxedetodo
Merendas con contos: Os Ratos de Lonxedetodo
Goza cos teus fillos/as dos contos e das historias que os Ratos de Lonxedetodo, uns simpáticos ratiños e ratiñas, traen ás nosas bibliotecas e que retransmitimos en streaming.
A actividade corre a cargo da compañía Trinke Trinke Teatro e desenvolverase a porta pechada nas bibliotecas por mor das esixencias sanitarias, pero nós podemos desfrutar estas sesións cheas de contos e melodías a través do "streaming".
As sesións serán emitidas en directo na web e tamén na canle de youtube das bibliotecas e nelas haberá pistas para que consigas o carné de Rato de Lonxedetodo.
Se queres que os ratiños e as ratiñas te chamen por teléfono en directo, deixa o teu teléfono e nome na túa biblioteca!
Achégate aos libros e á música dunha maneira atractiva e lúdica e déixate contaxiar dos mellores costumes: a lectura en familia!