Evento: Festival Internacional de Guitarra da Ribeira Sacra 2021: Andrea González Caballero
Festival Internacional de Guitarra da Ribeira Sacra 2021: Andrea González Caballero
Cualificada pola revista Opera World como A voz feminina da guitarra española, Andrea González Caballero destaca polo seu carácter e sensibilidade interpretativa. Foi galardoada co primeiro Premio no XIII Concurso Internacional de Guitarra Alhambra, sendo a intérprete máis nova en conseguilo. Dentro dos numerosos premios internacionais que obtivo destacan ademais o Primeiro Premio no XL Concurso Internacional F. Sor (Roma) ou o Premio Honorífico David Russell para novos talentos.
No ano 2017 debuta no continente asiático ofrecendo unha xira de concertos en China, onde obtivo excelentes críticas. Na súa crecente carreira como solista foi convidada a actuar en países de América, Asia e Europa por exemplo: Estados Unidos, China, Cuba, México, Hungría, Italia, Reino Unido, Portugal, España e Alemaña onde tocou como solista coa orquestra Sinfonietta Ratingen no teatro Robert Schumann Saal de Düsseldorf e a orquestra Neue Philaharmonie Westfalen. No que respecta ao ámbito nacional, cabe destacar que ofreceu concertos en lugares tan relevantes como o Auditorio Nacional de Madrid, Palau da Música de Barcelona ou Fundación Juan March entre outros. Elixida pola International Guitar Foundation? de Londres no ano 2016 debuta en Reino Unido ofrecendo concertos en salas como King´s Cros de Londres ou Sage Gateshead de Newcastle.
Máis eventos de tipo Festival
