Evento: Javier Marcos Trio

Javier Marcos Trio
domingo, 21 marzo, 2021 - 13:00
Restaurante Mollo,
Nigrán

Javier Marcos Trio

Concerto de jazz.

Javier Marcos é unha das voces máis destacadas do jazz feito en Galicia, e asiduo da escena jazzística galega.

Dende 2012 lidera o seu propio trío con Felipe Villar na guitarra e José Manuel Díaz no contrabaixo.

Un trío inspirado polo trío de Chet Baker, unha formación moi íntima e delicada que se axusta perfectamente ao estilo de Javier Marcos.

De voz moi persoal, pode pasar por un crooner clásico ou abordar o cool jazz máis intimista.

Iníciase no jazz para mediados dos 90´s, e despois duns anos apartado do xénero retómao en 2010, grazas ao bo momento que vive o jazz en Galicia, con multitude de músicos de gran nivel.

«Ten Dez» é o título do primeiro disco en solitario de Javier Marcos, gravado a quinteto con Rosolino Marinello nos saxos e clarinete baixo, Felipe Villar na guitarra, José Manuel Díaz no contrabaixo e Max Gómez na batería. «Ten Dez» é unha compilación de arranxos de standards e outras cancións de autor cantadas en inglés e galego portugués, abordadas desde unha perspectiva de igualdade e amor desidealizado.

  • JAVIER MARCOS TRÍO - Time After Time

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Plural Ensemble · Nieve sobre nieve
13 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
Los auténticos decadentes
14 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Ainhoa Arteta
17 de abril
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro