Evento: Abe Rábade Trío- Sorte

Abe Rábade Trío- Sorte
mércores, 24 febreiro, 2021 - 19:30
Teatro Principal de Santiago de Compostela,
Santiago de Compostela

Abe Rábade Trío- Sorte

Presentación do seu novo disco Sorte.

Abe Rábade Trío presenta o seu novo disco, ‘Sorte’, conformado por 12 composicións orixinais con Abe Rábade ao piano, Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería.

Coa suxerente idea-forza da Sorte como “grupo de elementos que emerxeron por medio do azar”, cada peza do álbum representa un estado de ánimo ou unha fonte magnética de inspiración. O abano estético do material vai desde a música clásica ao blues, pasando pola influencia da música tradicional de Galiza, a experimentación tímbrica de vangarda e, por suposto, os elementos interactivos e espontáneos tan propios do jazz.

A estructura de S O R T E consta de 4 trípticos, que representan unha dimensión da sorte:

SORTE MÍSTICA: Orballo, Pálpito & Fluido.

SORTE ÉPICA: Ideas, Travesía & Victoria.

SORTE ÍNTIMA: Desencanto, Desexo & Lúa.

SORTE LÚDICA: Amencida, Calma & Retorno.

ABE RÁBADE TRÍO

O trío nace en Boston no 1996 co galego Paco Charlín ao contrabaixo e o búlgaro Val Tzenkov a la batería. No 2000 aséntase en Galiza e grava o seu primeiro disco, Babel de Sons (2001), con Paco Charlín ao contrabaixo e Ramón Ángel Rey á batería. Nos seguintes anos lanzan Simetrías (2002), Playing on light (2006), actúan en festivais de jazz da Península Ibérica, en Cuba e en Marrocos e participan diferentes proxectos.

A finais do 2006, Nelson Cascais incorpórase ao contrabaixo e desde 2008, Pablo Martín Caminero está ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería, conformando a formación existente na actualidade, xunto a Abe Rábade.

Publican Zigurat (2010) e A Modo (2012), presentado nunha xira en Centroamérica. No 2013 ve a luz Versons, o primeiro conformado unicamente por versión. Premio Martín Códax ao mellor disco do ano. Tránsitos (2015) recolle a obra orixinal de Abe Rábade para o seu trío con Orquestra Sinfónica.

Os seus  últimos traballos son Once (2016) e Doravante (2018), presentado no Festival de Jazz de Monterey (California, EEUU).

Abe Rábade, piano

Pablo Martín Caminero, contrabaixo

Bruno Pedroso, batería

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto Xove Orquestra Terra Nova
15 de xaneiro
Biblioteca Pública de Lugo
Orquestra Sinfónica de Galicia
15 de xaneiro
Avenida do Burgo das Nacións
Fernandocosta
16 de xaneiro
Rúa de Concepción Arenal, 5