Evento: Orquesta Classico Chamber Strings

Orquesta Classico Chamber Strings
domingo, 25 abril, 2021 - 19:00
Teatro Principal de Ourense,
Ourense

Orquesta Classico Chamber Strings

Concerto de música clásica.

Arte Clásica Chamber Strings naceu como cuarteto de corda, a partir do entusiasmo e ilusión de catro músicos membros da orquestra de Radio Televisión Española. No ano 2009 o cuarteto fixo o seu debut nun concerto transmitido pola Radio Clásica desde o Teatro Monumental de Madrid, interpretando obras de Zoltan Kodaly, Paul Constantinescu e Leo Weiner.

Desde aquel entón o cuarteto continúa a súa traxectoria profesional pero ampliou a súa formación como orquestra de cámara, ofrecendo concertos nas salas máis importantes de Madrid e do país. Destacan os concertos no Instituto Cervantes, Real Academia de San Fernado, Teatro Thalia de Lisboa, Casa de America, Teatro Auditorio de Altea, Teatro Monumental de Madrid, e a intensa participación no ciclo de música de cámara da orquestra de Radio Televisión Española.

Obras como o Cuarteto Americano e o Quinteto de Dvorak, as Danzas Romanesas de Bela Bartok ou as Vistas ao Mar de Eduardo Toldrà espertaron a admiración e o agarimo do público xunto co recoñecemento do seu nivel artístico e a súa profesionalidade.

En 2018 actuou no Teatr Thalia de Lisboa no intercambio cultural entre a Orquestra de RTVE e a Orquestra Metropolitana de Lisboa.

EUSEBIU SANDU, Director.

O director Eusebiu Gavril Sandu nace o día 1 de decembro 1969 en Vatra Dornei, unha cidade no norte de Rumania, no corazón dos Cárpatos Orientais. Aos 11 anos empeza os seus estudos musicais na Escola Especial de Música Sigismund Toduta , Cluj Napoca na especialidade trombón e piano.

No ano 1994 é licenciado na especialidade trombón, no Conservatorio Superior de Música G.Dima, Cluj Napoca. No 1995 finaliza o Master en trombón e pedagoxía instrumental .

Traballa como trombón solista na Filarmónica de Estado Transilvania entre os anos 1992 e 2005 e é profesor de trombón e música de cámara no Conservatorio Superior de Música G.Dima, Cluj Napoca entre os anos 1996 e 2005. Desde o ano 2005 traballa en Madrid coas Orquestras  Filarmonia, Antologia da Zarzuela , Miramón Mendi e outras.

A súa paixón pola música fixo florecer a súa vocación na dirección de orquestra. A nivel privado, estuda en varios países de Europa asistindo a varios cursos de dirección de orquestra cos mestres Theo Wolters(Holanda), Romeo Rimbu(Rumania), Carol Vitez (Alemaña), Koen Kessels(Belgica), Francisco Navarro Lara( España).

Fundador e director da Strauss European Orchestra con sede en Madrid, con máis de 30 concertos en España, Francia, Portugal e fundador e director da Orquestra Metropólitan de Madrid con máis de 20 concertos ao ano en España e outros países.

Ao longo da súa carreira artística colabora con directores de prestixio como Emil Simon, Cristian Mandeal, Erich Bergel, Kurt Masur, Leopold Hager, Tulio Gagliardo, José Collado, Octav Calleya, Walter Haupt, David Jiménez, Stefan Anton Reck, Karel Mark Chichon, Pascual Ousa, Santiago Mais, Koen Kessels, Jan Stulen, Luís Cobos e solistas como Valentin Gheorghiu, Dan Grigore, Lazar Berman, Radu Lupu, Patrik Gallois, Angela Gheorghiu, Roberto Alagna, José Carreiras, Montserrat Caballé, Placido Domingo, Teresa Berganza,?o grupo de rock Deep Purple.

Colabora con importantes orquestras sinfónicas de Estado en Rumania como Filarmónica de Brasov, Filarmónica de Tirgu Mures, Filarmónica de Craiova, Filarmónica de Sibiu e doutros países como a ?Orquestra Sinfónica Europea Mediterránea? de Barcelona, Europa Symphony de Viena,..entre outras.

Máis eventos de tipo Concerto

Maxicamente
2 de xullo
Praza do Cantón
Maxicamente
3 de xullo
Praza do Concello
Catas sonoras
3 de xullo
Museo do Viño de Galicia