Evento: La Sra. Tomasa + Turres Band

La Sra. Tomasa + Turres Band
sábado, 22 maio, 2021 - 22:00
Sala Rebullón,
Mos

La Sra. Tomasa + Turres Band

Concerto de rock.

A Sra. Tomasa

Banda barcelonesa sen tabús polo seu orixinal e arriscada mestura musical, que se basea en fusionar as últimas tendencias da electrónica con música latina. A Sra. Tomasa é unha bocanada de aire fresco dentro da escena catalá co seu orixinal e desenfreada proposta musical.

A Sra. Tomasa é un grupo español que fusiona xéneros latinos, electrónicos e urbanos. Fincado en Barcelona, naceu en 2012. Está integrado por sete compoñentes e traballa coa discográfica Guspira Records. Nos seus oito anos de traxectoria, a banda publicou tres discos e participou en múltiples festivais, tanto nacionais como internacionais.

Turres Band

é unha banda musical formada en Torroso (Mos) no ano 2001. Está formado por dez instrumentos de vento ( saxofóns, trombón, trompetas, tuba...), batería e percusións. Editaron o disco Algho hai. O seu repertorio está composto por versións de temas populares: música balcánica (Emir Kusturica, Fanfaria Ciocarlia), bandas sonoras ( Ennio Morricone, John Barry), grupos galegos ( Os Tamara) e temas populares (can-can, ska, música italiana...) En 2006 foron seleccionados para a Rede Galega de Música ao vivo, e participaron no concurso da canción do verán en galego A polo ghit, organizado por Vieiros e a Radio Galega, co tema "Hawai 5.0". Desde o 2006 participan en festivais de toda Galicia, Barcelona e Segovia, ademais de en as principais festas de Galicia como as Festas de San Froilán de Lugo, María Pita da Coruña, Festas do Apóstolo de Santiago de Compostela, festa das flores de Pontevedra e Vigo, as festas do Cristo do Porriño ou mesmo en festivais como o Festival de Pardiñas en Guitiriz (A Coruña). No ano 2018 foron finalistas nos Premios Martín Códax da Música na categoría de reggae/ ska/mestizaxe.

Máis eventos de tipo Concerto

O Son do Camiño 2025
12 de xuño a 14 de xuño
Monte do Gozo
II Festival 'Aquí tamén se fala'
13 de xuño
Praza da Tolerancia
Concerto do dúo Mallou
14 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense