Evento: Bala- Galicia Emerxe

Bala- Galicia Emerxe
mércores, 31 marzo, 2021 - 23:30
Evento online,
Santiago de Compostela

Bala- Galicia Emerxe

Concerto dentro do ciclo dos concertos da escena galega.

O mes de marzo terminará na televisión de Galicia coa emisión da actuación de Bala  no ciclo de concertos Galicia Emerxe. Este festival nace como iniciativa de RTVG  para dar visibilidade á música e aos grupos galegos. Ademais, pretende mostrar o seu apoio ao sector musical, afectado polo covid-19 e as restricións sanitarias.

Bala nace cunha motivación moi clara, dar renda solta ás ganas de facer ruído e moverse por aí. Un ruído, que segundo elas, ?lembra a moitas cosas pero non é ningunha en concreto?.

Trátase dun dúo nado na Coruña, constituído por Anxela Baltar (guitarra, voz) e Violeta Mosquera (batería, voz). Tras un pasado en bandas como Calixta, Drama, Salvation Army e MLK, ambas deciden iniciar este proxecto cuns ingredientes moi claros: grunge, stoner, pop sucio, moita urxencia, nervio e enerxía.

O seu directo é irresistible, e o seu son remite aos anos 90, a bandas como Hole, Kyuss, Nirvana, Melvins ou Babes in Toyland. Contundencia rítmica aderezada cun dúo de voces demoledor.

O vindeiro mércores 31 de marzo ás 23:30 horas  emitirase o concerto de Bala  na primeira cadea de TVG. Tras finalizar a emisión, pasará a estar dispoñible na web de CRTV.  Ademais, poderase volver escoitar en Radio Galega Música o sábado a partir das 22:00 horas.

As bandas e artistas solistas que actuán no ciclo de concertos Galicia Emerxe son de orixe e procedencia galega. Ademais, son profesionais de diversos estilos musicais e con domicilio fiscal en Galicia. Todos eles, foron seleccionados mediante convocatoria aberta por unha comisión independente.

Máis eventos de tipo Concerto

Andrés Calamaro
25 de xuño
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro
Música das Illas, Música do Mar
26 de xuño
Museo do Mar de Galicia
Maxicamente
26 de xuño
Praza Maior
Nikki Hill + Sr. Salvaje
26 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5