Evento: Blanco Palamera- Galicia Emerxe
Blanco Palamera- Galicia Emerxe
O concerto de Branco Palamera do ciclo de concertos Galicia Emerxe emitirase na TVG en marzo. Este festival nace como iniciativa de RTVG para dar visibilidade á música e aos grupos galegos. Ademais, pretende mostrar o seu apoio ao sector musical, afectado polo covid-19 e as restricións sanitarias.
Branco Palamera é un dúo de Santiago de Compostela composto por Manuel Branco e Xoán Domínguez. Xuntos poñen un proxecto cunha esencia pop e electrónica. Pop contemporáneo bañado por estilos como o r&b, o jazz, o hip-hop, a bossa nova, o funk ou a indietrónica?
O vindeiro sábado 20 de marzo ás 10:30 horas emitirase o concerto de Branco Palamera na primeira cadea de TVG. Tras finalizar a emisión, pasará a estar dispoñible na web de CRTV. Ademais, poderase volver escoitar en Radio Galega Música o sábado a partir das 22:00 horas.
As bandas e artistas solistas que actuán no ciclo de concertos Galicia Emerxe son de orixe e procedencia galega. Ademais, son profesionais de diversos estilos musicais e con domicilio fiscal en Galicia. Todos eles, foron seleccionados mediante convocatoria aberta por unha comisión independente.
Máis eventos de tipo Concerto



