Evento: Persuader + tba
Persuader + tba
Desde Umeå, Suecia, chegan Persuader, que se meteron de cheo no power metal no ano 2000 co lanzamento do seu álbum debut, The Hunter, mostrando a influencia dos seus consagrados compatriotas Hammerfall, así como dos provedores teutónicos do estilo como Blind Guardian e Gamma Ray.
A banda fora formada un par de anos antes polo vocalista Jens Karlsson, o guitarrista Pekka Kiviaho, o baixista Fredrik Hedström e o batería Efraim Juntunen. Aínda coa marcha de Kiviaho, a banda reponse co LP Evolution Purgatory de 2004, presentando ao novo guitarrista Emil Norberg. Un terceiro álbum titulado When Eden Burns foi lanzado dous anos despois e viu a Persuader converterse nun quinteto coa entrada do segundo guitarrista Daniel Sundbom. Debido ao traballo alternativo en Savage Circus, Persuader tardan oito anos en editar The Fiction Maze (2014), e este 2020 lanzan o seu excepcional quinto disco, Necromancy, que lles levará a virar pola península en cinco datas cunha formación de luxo: Jens Karlsson á voz, Emil Norberg (Savage Circus) e Fredrik Mannberg (Nocturnal Rites) ás guitarras, Alex Friberg ao baixo e Efraim Juntunen (Guillotine / Naglfar) á batería.
Máis eventos de tipo Concerto