Evento: Unha noite con ela

Unha noite con ela
sábado, 15 xaneiro, 2022 - 19:00
Teatro Colón,
A Coruña

Unha noite con ela

Espectáculo de teatro con Loles León.

Pasar unha noite con Loles León significa facer un percorrido polo últimos cincuenta anos da nosa historia. Unha viaxe pola súa vida, polos seus momentos máis amargos e polos máis alegres, por situacións tan divertidas como absurdas.

Recordos cheos de emoción que, a través da música (o cabaret, o music hall) trasladarannos a distintas épocas. Pero, como ela di ao comezo da función: "Se non che gustan cousas da túa vida, quen dixo que non as poidas cambiar para representalas nun escenario".

Unha noite con ela contén un oitenta por cen de realidade e un vinte por cen de ficción, pero ELA xamais confesará o que é verdade e o que é mentira. É o espectador quen debe pescudalo.

Durante a 1.30h do espectáculo, Loles, xunto a dous mozos bailaríns/actores e dous músicos en directo, espirá a súa alma e dará renda solta á súa lingua mordaz. Cantará e bailará para que o espectador lembre esa noite con ela como algo inesquecible.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Imaxe
Hocus Pocus
2 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Imaxe
Odiseicas: as que tecen a historia
11 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Do reino (e) dos amores proscritos
14 de maio
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Mitos, lendas e cantigas. Homenaxe a Begoña Caamaño
15 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés