Evento: John Lee Sanders & The Gospel Messengers
John Lee Sanders & The Gospel Messengers
Grandes do Gospel ten o pracer de presentar no Nadal do 2020 a un artista americano cunha banda excepcional.
John Le pasou a súa infancia e mocidade no Delta do Misisipi, Luisiana e Alabama, unha rexión onde o Gospel é o ADN común de xéneros tan diversos como o Soul, o Country, o Blues e a música de Jazz. O temperán encontro con Martin Luther King, o dirixente histórico do Movemento polos Dereitos Civís nos Estados Unidos, e Elvis Presley, a estrela do R&R que cambiou para sempre a música popular americana, forma parte da historia americana que influenciou a John Le Sanders, pianista, saxofonista, cantante e compositor. Unha historia na que a súa avoa materna, que vivía preto de C. L. Franklin, pai de Aretha Franklin e na veciñanza dos estudos de gravación da escena de Memphis, xoga un papel importante. Na turbulenta Alabama dos anos 60 foi testemuña do poder e a coraxe que o Gospel transmitiu ao Movemento polos Dereitos Civís na súa loita non violenta pola igualdade.
No 2001 foi contratado por ÁMEA Black Church de Oakland, California, a denominación máis antiga das igrexas negras protestantes en América, da que formaban parte os descendentes das familias que foran parte da gran emigración a California desde o Profundo Sur nos anos 40 e 50 do século XX. Gravou e actuou cos nomes máis recoñecidos da escena estadounidense, incluíndo a Dorothy Morrison, a voz principal en Oh Happy Day, a primeira canción Gospel que foi un hit nacional nos EE.UU. Stevie Wonder, Willie Nelson, Bill Withers, Jimmy Page de Led Zeppelin, Starship, Chuck Berry, John Le Hooker, Long John Baldry e Keith Emerson, tamén están nesa lista. En 2010 foi o pianista/cantante convidado pola multipremiada coral ?Good Noise Gospel Choir? no seu concerto da catedral de Vancouver. Xa en 2011 participou na gravación do seu disco de Nadal. Foi nomeado ao Premio Emmy no 2007 e, ao ano seguinte, ao Premio de Blues WC Handy.
Máis eventos de tipo Concerto



