Evento: Historias delirantes de nenas e nenos fascinantes
Historias delirantes de nenas e nenos fascinantes
sábado, 16 xaneiro, 2021 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Historias delirantes de nenas e nenos fascinantes
Contacontos con Ernesto Is
Simón medra ou encolle de tamaño segundo precise; Antía comprende o que di o Señor Bigotes, seu gato; Xoán non é o mesmo cando cae a noite; e todo o que Carolina debuxa vólvese realidade. Fascinante, verdade? As nenas e nenos que protagonizan estas historias delirantes teñen moito que contar e, tamén, moito que agochar para que ninguén descubra os seus misterios... Shhhh!!! Escoitade os seus relatos, mais só se sabedes gardar un segredo.
Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.



