Evento: Debut2020. Edición limitada

Debut2020. Edición limitada
xoves, 26 novembro, 2020 a domingo, 13 decembro, 2020
Museo Provincial de Pontevedra,
Pontevedra

Debut2020. Edición limitada

Exposición das creacións de once deseñadores.

A exposición Debut 2020. Edición limitada, mostra na área de cristal do Sexto Edificio as creacións de once deseñadoras e deseñadores que finalizaron o Mestrado de Deseño e Dirección Creativa en Moda- ESDEMGA da Universidade de Vigo. Permanecerá aberta desde o 26 de novembro ata o 13 de decembro.

Os traballos que se exhiben son de:

CHAMORRO MISA, REGINA

JUNCAL VIDAL, SABELA

CUERVO MORENO, JAVIER

GUTIÉRREZ SOMOZA, MARTA

CATALINA ESTÉVEZ REGUERA

PENA LESTÓN, DENISE

DIÉGUEZ BAYÓN, NATALIA

MONTENEGRO OMIL, NOEMÍ

BRUGUERA MARTORELL, MIREIA

MUÑOZ FOUCE, CARMEN

PLAZA BUDIÑO, NELY

A exposición está conformada por unha selección de proxectos realizados o pasado curso polo alumnado, no seu primeiro ano de formación do mestrado, o que contribuirá, un ano máis, a achegar a cidadanía aos “procesos de aprendizaxe” nesta titulación da Facultade de Belas Artes.

Leva por título Edición limitada, nun xogo de palabras que fai referencia tanto ás limitacións obrigadas polas circunstancias, como á obrigada adaptación fai desta edición “única”, en alusión ás coleccións cápsula que lanzan as firmas de moda durante un período limitado.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia