Evento: Debut2020. Edición limitada
Debut2020. Edición limitada
A exposición Debut 2020. Edición limitada, mostra na área de cristal do Sexto Edificio as creacións de once deseñadoras e deseñadores que finalizaron o Mestrado de Deseño e Dirección Creativa en Moda- ESDEMGA da Universidade de Vigo. Permanecerá aberta desde o 26 de novembro ata o 13 de decembro.
Os traballos que se exhiben son de:
CHAMORRO MISA, REGINA
JUNCAL VIDAL, SABELA
CUERVO MORENO, JAVIER
GUTIÉRREZ SOMOZA, MARTA
CATALINA ESTÉVEZ REGUERA
PENA LESTÓN, DENISE
DIÉGUEZ BAYÓN, NATALIA
MONTENEGRO OMIL, NOEMÍ
BRUGUERA MARTORELL, MIREIA
MUÑOZ FOUCE, CARMEN
PLAZA BUDIÑO, NELY
A exposición está conformada por unha selección de proxectos realizados o pasado curso polo alumnado, no seu primeiro ano de formación do mestrado, o que contribuirá, un ano máis, a achegar a cidadanía aos “procesos de aprendizaxe” nesta titulación da Facultade de Belas Artes.
Leva por título Edición limitada, nun xogo de palabras que fai referencia tanto ás limitacións obrigadas polas circunstancias, como á obrigada adaptación fai desta edición “única”, en alusión ás coleccións cápsula que lanzan as firmas de moda durante un período limitado.
Máis eventos de tipo Exposición