Evento: O tesouro de Barracuda

O tesouro de Barracuda
venres, 4 decembro, 2020 - 18:30
Capilla del Torrente Ballester,
Ferrol

O tesouro de Barracuda

Teatro de obxectos e monicreques.

Nesta tarde de teatro, que tal un paseito en barco? E unha historia de piratas? Pois teremos as dúas cousas. Esta historia é a do capitán Barracuda e os seus piratas, de illas remotas, de tesouros que son libros e de libros que son un tesouro.

Viaxaremos polo Caribe, atravesaremos tormentas, enfrontarémonos a truhanes, bailaremos en festas e durmiremos baixo as estrelas. Barracuda e os seus levan anos buscando o famoso tesouro do pirata Phineas Krane. Pero, cando o atopan, resulta ser só un libro... Pero, que vai facer un grupo de piratas analfabetos cun libro?

Máis eventos de tipo Espectáculo

Imaxe
Hocus Pocus
2 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Imaxe
Odiseicas: as que tecen a historia
11 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Do reino (e) dos amores proscritos
14 de maio
Auditorio Municipal Gustavo Freire