Evento: En terras alleas. Cen anos de música viaxeira
En terras alleas. Cen anos de música viaxeira
Fascinante recorrido musical renacentista da man de mestres de capela viaxeiros, con músicas que dan fe da mistura musical na Europa do século XVI.
As obras do programa son na súa maioría do Cancionero de Segovia, recompilación iniciada para o uso da Corte de Isabel La Católica, e unha das mellores mostras do devir viaxeiro da música.
O programa inclúe música do pacense Juan Vásquez, do abulense Sebastián de Vivanco, do sevillano Alonso Lobo, que escribiron música vocal, e o toledano Diego Ortiz, activo na corte de Nápoles, de quen se conserva música instrumental. E chegarase ao século XVII da man dun dos músicos máis viaxeiros na Europa do século: o laudista e compositor John Dowland.
Delia Agúndez (soprano)
María Alejandra Saturno (viola de gamba)
Alicia Lázaro (laúd)



