Evento: Vestir Épocas. 1860-1960. A Colección González-Moro

Vestir Épocas. 1860-1960. A Colección González-Moro
xoves, 29 outubro, 2020 a domingo, 27 xuño, 2021
Museo de Belas Artes,
A Coruña

Vestir Épocas. 1860-1960. A Colección González-Moro

Exposición de moda.

O Museo de Belas Artes da Coruña presenta a súa primeira exposición de moda, Vestir Épocas. 1860-1960. A Colección González-Moro, coa que pon en relevo o valor da costura dentro da arte. A través dun percorrido por máis de trescentas pezas nunca expostas no seu conxunto, o espectador ten ocasión de adentrarse nos usos e costumes que transitaron dende mediados do século XIX ata mediados do século XX.

A exposición componse de máis de 300 obras da prestixiosa colección de Ana González Moro que abarcan 100 anos de creación téxtil, desde 1860 a 1960. Trátase dunhas pezas que reflicten os actos das xentes e da sociedade da Galicia da época e que permiten establecer unha relación entre a idealización da arte e o realismo da roupa. Precisamente, a disposición das pezas da mostra realizarase a través dunha pasarela que introducirá aos visitantes nas diferentes salas.

O Museo de Belas Artes da Coruña programa ademáis toda unha serie de actividades en torno á exposición: visitas guiadas e conferencias, dirixidas ao público e atendendo tamén ás limiacións do aforo contempladas pola situación da Covid-19.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n
Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia
28 de xaneiro a 25 de maio
Avenida do Burgo das Nacións