Evento: Momentos Alhambra: Acústiquísimos- El Kanka

Aprazado
Momentos Alhambra: Acústiquísimos- El Kanka
venres, 6 novembro, 2020 - 21:30
venres, 6 novembro, 2020 - 21:30
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo,
Vigo

Momentos Alhambra: Acústiquísimos- El Kanka

Concerto de música rock e pop.

Unha viaxe sonora entre dous portos de acollida. Un horizonte repleto de lendas. Concertos con sabor a sal nos que Cervexas Alhambra convídache a descubrir creacións auténticas e memorables que están feitas para gozar cos cinco sentidos. Así é a xira Alhambra: Acustiquísimos Edición Atlántica 2020, que trae ao Hall do Auditorio Mar de Vigo ao Kanka e a McEnroe.. 

O Kanka di de si mesmo: «sobre todo fago cancións, e as canto». E niso leva desde 2007, cando comezou a gañarse o apoio do público con cancións que hibridan estilos e influencias para crear unha proposta musical sorprendente.

Os concertos do Kanka e McEnroe en Vigo serán  espectáculos de proximidade en noites íntimas. Permitirannos reencontrarnos a bordo, con total seguridade, coa música e a ilustración en directo. Todas elas cun mesmo vínculo: o descubrimento da excelencia musical e o espírito artesanal de Cervexas Alhambra, saboreando as súas cervexas ao compás das mellores propostas musicais co fin de gozar de experiencias únicas. 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Santalices. O legado
3 de maio
Asociación Agarimo de Sillobre
Cherry Sweet
3 de maio
Centro Cultural Avenida