Evento: Grandes do Gospel: Stars of Gospel Choir
Grandes do Gospel: Stars of Gospel Choir
Star Of Gospel é algo mais que un espectáculo musical. Trátase dunha experiencia que non deixa a ninguén indiferente. Enraizado na secular tradición afroamericana, o gospel non se deixa encasillar exclusivamente como unha corrente musical entre outras. Por encima de todo é unha mensaxe de esperanza, unha promesa de días mellores e unha cultura de partición comunitaria.
As extraordinarias voces das Stars Of Gospel, coa súa mestura de harmonías cativadoras e ritmos impetuosos, son capaces de unir a audiencias de todo o mundo nunha celebración sincera e festiva cunha música que combina enerxía, delicadez e entusiasmo.
Bridget Bazile, cantante lírica e intérprete de Negro Spiritual natural de Nova orleans, e Vincent Balse, pianista e director de orquestra francés, serán a solista e o director musical desta gran gala de gospel internacional.
Bridget Bazile, Soprano. Natural de Metirie, Luisiana, se graduó na Universidade de Tulane de Nova Orleans. Premiada co prestixioso Leontyne Price Competition, foi tamén distinguida co segundo premio do Metropolitan Opera National Council e o primeiro premio do Meistersinger Vocal Competition en Graz, Austria, en 2001. Representou papeis líricos en óperas de Purcell, Puccino, Mozart, Handel, Verdi e Gershwin. tamén foi a solista principal do New World Ensemble, Moses Hogan Chorale e os Moses Hogan Singers. Foi aclamada en grandes teatros de todo o mundo e é recoñecida como unha das voces mais eminentes da súa xeración, tanto no campo da clásica como no Negro Spiritual. As súas representacións como solista inclúen o Carnegie Hall de NYC, o Orchestra Hall de Chicago e o Festival de Musique Sacrée de Lyon, Francia, o John F. Kennedy Center For The Performing Arts e o World Symposium de Sidney, Australia.
Despois da publicación do seu disco Sometimes I Fell... en decembro de 2020 celebrará a súa décima xira europea dedicada á promoción do legado musical afroamericano.
Vincent Balse, pianista e director, é natural de Bordeus. Se graduó no Conservatorio de Bordeus e na famosa Academia A Chiagina de Siena. Actuou nos mellores teatros franceses, Théâtre deas Champs Elysées, a Sáelle Pleyel e no esplendido Grand Théâtre de Bordeus.
No 2003, despois de estudar con Nicholas Angelich e Alain Meunier, se gra´dua en piano e música de cámara no Conservatorio Superior de París. No 2004 trasládase a NYC para estudar na Julliard School of Music.
O cambio de século marca o inicio da súa longa relación coa cidade de Nova Orleans, onde a partir do 2000 está presente na vida cultural da cidade. Actuou en numerosas ocasións coa Louisana Philarmonic Orchestra no Orpfeum Theater e recibiu as maiores distincións da cidade.
Presentouse en salas de todo o mundo con actuacións en solitario ou cos violinistas Maxim Vangerov e Max Zorin, o Fine Arts Quartet, o Mestre Rostropovich e Wynton Marsalis.
Máis eventos de tipo Concerto