Evento: Tanxugueiras

Tanxugueiras
martes, 24 agosto, 2021 - 20:30
Praza do Tapal,
Noia

Tanxugueiras

Concerto de folk galego.

Tanxugueiras incrementa as revolucións do folk galego. Co seu disco de debut, un repertorio escollido para mostrar a esencia da tradición, Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío chegaron a máis de 100 escenarios dentro e fóra das nosas fronteiras. Unha aposta sen corpiños enchida de virtuosismo e contundencia que continúa no seu segundo traballo, Contrapunto. Un disco que incide na recuperación da tradición das pandereiteiras e intégrana con harmonías de diferentes estilos e situar á música galega en novos escenarios. Tanxugueiras son renovación, reinterpretación e revolución para a tradición musical de Galicia.

Recoñecementos:

Mellor álbum galego do 2018  Premios MIN da Música Independente

Música tradicional e folk  Premios Martín Códax da Música

Mellores músicas de Galiza 2019 por Que non mo neguen  Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal

  • TANXUGUEIRAS - Desposorio (Videoclip Oficial)

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Creadoras de Música
5 de marzo
Biblioteca Pública de Lugo
Ciclo de Lied: Historias en palabras
5 de marzo
Avenida do Burgo das Nacións
suárez
Suárez
7 de marzo
Auditorio Municipal