Evento: Itinerario de autor arredor da historia da cultura da Coruña
Itinerario de autor arredor da historia da cultura da Coruña
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés organiza singulares paseos que serán explicados polo historiador da cultura Felipe-Senén. 1 Roteiro. A CIDADE VELLA: AS ORIXES DA CORUÑA NESTA CROA, “LOCUS AMOENUS”.
Obxectivo: sensibilizar sobre a Historia da Cultura Coruñesa.
Singulares paseos que serán explicados polo historiador da cultura Felipe-Senén, quen neste tipo de iniciativas interactúa cunha serie de aspectos arredor dos escenarios da historia da cultura. Percorrido por diferentes partes da Coruña de onte e de hoxe, adentrándose nas artes, no urbanismo, na arquitectura, na arqueoloxía, na etnografía, na literatura, nas artes, nas lendas, nos mitos ou mesmo nas anécdotas de carácter literario...Un xeito de enxergar o senso máis interactivo dunha cultura que presupón herdos, tradicións, innovacións e relacións con outros pobos: somos o que facemos ou desfacemos.
1 Roteiro. A CIDADE VELLA: AS ORIXES DA CORUÑA NESTA CROA, "LOCUS AMOENUS"
Comezo no Xardín de S. Carlos, recorrido por San Francisco, Dominicos, Bárbaras, o barrio de María Pita, dos Mareantes de Santa María do Campo...a Praza da Fariña, a Igrexa de Santiago, os pazos urbanos...os varadoiros do Parrote e as galerías: Cornide, Murguía e Rosalía, Francisca Herrera, Lugrís, Pucho Ortiz, González Garcés, serán, entre moitos outros, algúns nomes de creadores que atoparon nestes espacios o seu "locus amoenus".
Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

