Evento: Os teus ollos din o que a túa boca cala
Os teus ollos din o que a túa boca cala
mércores, 30 setembro, 2020 a martes, 2 febreiro, 2021
MARCO - Museo de Arte Contemporánea,
Vigo Os teus ollos din o que a túa boca cala
Exposición de Celeste Garrido.
Celeste Garrido Meira ten unha ampla traxectoria en proxectos teóricos e expositivos moi relacionados coa identidade e con cuestións de xénero. A mostra «Os teus ollos din o que a túa boca cala» está deseñada a partir dunha coidada selección de obras en distintos formatos ?na súa maioría de nova produción? que compoñen un relato ao redor da temática do corpo como material, como soporte, como suxeito e como receptor, con especial alusión ao corpo feminino e ao vestido como símbolo.
Ligazóns