Evento: Jon Braun

Jon Braun
sábado, 28 novembro, 2020 - 18:30
Forum Metropolitano,
A Coruña

Jon Braun

Unha emocionante historia que conta como o amor pode vencer á adversidade

Na obra a compañía Anita Marabillas articula unha pequena montaxe de monicreques a modo de western familiar que nos fala do valor do amor.

Sinopse:

No pobo dos pequenos indios vívese en alegría e felicidade, pero, de súpeto, a desgraza chegará ao seu pobo. Sen esperalo, o pequeno Jon Braun quedará só, pero, alí, na distancia, a súa irmá maior nunca o esqueceu, e nunca desistirá no seu esforzo por atopalo.

Jon Braun fálanos do valor que nos infunde o amor ante a desgraza.

A compañía Anita Marabillas mestura nos seus traballos o resultado da investigación na linguaxe dos monicreques, unha coidada estética e moito humor, para o goce de toda a familia. Nesta ocasión elixiron a Jon Braun, o famoso indio da canción de Imanol Urbieta, para falar dos vínculos entre irmáns que marcan as nosas vidas, nun western cheo de amor e aventuras.

  • Jon Braun

Máis eventos de tipo Espectáculo

Caderno de cores e cancións
9 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á rúa
9 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
Melisa quere traballar
10 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Dende Rosalía ata as cantareiras: as mulleres nas Letras
16 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal