Evento: O proceso do liño

O proceso do liño
sábado, 26 setembro, 2020 - 16:00
Museo Casa do Patrón,
Lalín

O proceso do liño

Xornada de recreación dos labores propios do proceso manual do fiado e tecido do liño ao xeito tradicional.

O Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021 ofrece esta proposta que pretende recuperar un dos proceso máis representativos do patrimonio inmaterial galego, xa desaparecido, nunha xornada demostrativa e participativa, onde se recrea o mazado, espadelado, restrelado, fiado e tecido do fío desta fibra vexetal, así como o remate deste traballo colectivo coa típica foliada das fías.

A recreación estará adornada cunha ampla exposición de roupas de la e, sobre todo, de liño (colchas, mantas, cobertores, sabas, toallas, camisas, pantalóns, sacos...), que forman parte da gran sala do liño coa que conta o Museo Casa do Patrón, sen dúbida, a máis completa sala do liño de toda Galicia.

Descargas

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Porta Miña
1 de xaneiro
Porta Miña
Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia
8 de novembro a 31 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura