Evento: O bosque animado

O bosque animado
xoves, 17 decembro, 2020 - 11:45
Local Social das Travesas,
Monfero

O bosque animado

Proxección da película de animación infantil.

Todos os días o ocioso Sr. D'Abondo e o seu fiel criado Rosendo atravesan a Fraga Cecebre exclamando: 'Así divos sálveme se non me parece que estivese animado o bosque enteiro'. Un día uns homes plantan un novo inquilino, un engreido poste de teléfono. Aquí comezan os problemas, e se hai un experto en problemas, ese é Furi, un pequeno e simpático topo namorado de Linda, e que un día desaparece xunto con toda a colonia de topos da fraga. Os habitantes do bosque aliaranse para solucionar os problemas da fraga e levar de novo a harmonía e a felicidade ao bosque.

  • El bosque animado, sentirás su magia

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Gaudi (Cataluña)- Neutra(Austria) - Barragán (México)
14 de outubro
Biblioteca Nodal de Pontevedra