Evento: Banda de Música Cultural de Teo

Banda de Música Cultural de Teo
sábado, 26 setembro, 2020 - 12:00
Pasarrúas,
Arteixo

Banda de Música Cultural de Teo

Concerto da Banda de Música Cultural de Teo cun total de 19 rapaces.

Nace esta asociación no ano 1989 da man de D. Gervasio Salgueiro Estévez. O cal forma no solfexo e na técnica instrumental a 19 rapaces de idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos, que pasarán a denominarse “Banda de Música Cultural de Teo”. Que fan a súa presentación o día 28 de Marzo do 1989 na Compostelán Praza do Obradoiro.

En 1991, en Xaneiro, grava por primeira vez para a Radio Galega, e en Xuño desprazase a Mollet del Valles, onde realiza varios concertos para o Centro Galego. Esta viaxe que repetirase en 1995.

En Agosto de 1995 a batuta de esta entidade cambia de mans, pasando a estar dirixida por D. Manuel Abelleira, que ocupará o posto durate tres anos.

En Outubro de 1998 faise cargo da dirección da banda, e das clases da escola de música un xove músico portugués, D. Lourenço da Siva Cruz. No ano 2000 a “Banda de Música Cultural de Teo” realiza varias colaboracións coa TVG e coa TVE-GALICIA. Neste mesmo ano, o 5 de Novembro, ten lugar a primeira edición do “Festival de Bandas de Música de Santa Mª de Teo”.

No mes de Decembro de 2001 faise cargo da dirección da banda e da escola de música D. Xosé Varela Pardo.

En Novembro de 2005, D. Miguel Rodríguez Barrio é presentado como director, e baixo a súa dirección se grava en 2006 o primeiro traballo discográfico da agrupación, “Ó xeito do corpo”. No ano 2007 a Banda Cultural de Teo participa nos actos na Honra do patrono de Galicia organizados polo Centro Galego de Santander. E en Novembro de este mesmo ano acada o 3º premio na 2º sección no “I Certame de bandas de Galicia “.

En Decembro de este mesmo ano 2007 é D.Álvaro Varela Ferradáns o que se fai cargo da dirección da formación. En 2008 participa de novo no “Certame de Bandas de Galicia”, e en 2010 no XI Certamen Internacional de Bandas de Música “Villa de Aranda” (Aranda de Duero). No ano 2011 presentase unha vez máis ao “V Certame de Bandas de Galicia”, acadando o 3º premio.

No ano 2012 grava e presenta o seu segundo traballo discográfico, “Por vós.. para todos”, adicado aos dous primeiros directores da Banda, Grevasio Salgueiro e Manuel Abelleira e ao periodista Nicolás Camino. Organizase o 1º campamento de verán, e ademais volve a participar no “VI Certame de Bandas de Galicia”, onde acada o premio á mellor interpretación dunha obra de temática galega.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións