Evento: Faíscas da Pontraga

Faíscas da Pontraga
luns, 21 setembro, 2020 - 13:30
Vilouchada,
Trazo

Faíscas da Pontraga

Música tradicional galega.

Faíscas da Pontraga fundouse en xullo do ano 2002, tras a xuntanza de catro amigos para participaren nun concurso de cuartetos tradicionais. Esta primeira reunión deveu noutras e permitiu a incorporación de novos integrantes e instrumentos, até constituírmonos na murga ou charanga tradicional que hoxe somos. En Decembro do 2015 gravamos o noso primeiro traballo discográfico chamado “VELAÍ VÉN!!” que saiu á luz na primavera do 2016 e que presentamos oficialmente o 25 de xuño do mesmo ano.

Este disco gravouse co pretexto de seguir divulgando a cultura tradicional e sobre todo deixar constancia do noso traballo nun soporte que asegure a súa supervivencia co paso do tempo. Ademáis da presentación oficial na nosa terra e diante da nosa xente, e co afán de darlle unha maior repercusión ao traballo realizado, fixemos varias presentacións/concertos por Europa (Italia e Portugal) e en abril do 2017 cruzámolo océano para facer unha xira polo RÍO DA PRATA, con varios concertos por Arxentina e Uruguai. Ao longo destes 15 anos de camiño, son máis de 500 actuacións as desenvolvidas tanto en terras galegas como estranxeiras

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Candlelight: Tributo a Hans Zimmer
19 de abril
Robleda de San Lorenzo, s/n