Evento: Os contos de Pablísimo

Os contos de Pablísimo
sábado, 26 novembro, 2022 - 20:30
Multiusos,
Frades

Os contos de Pablísimo

Espectáculo de contacontos infantil.

Os contos de Pablísimo é una compañía especializada en contacontos, teatro de animación á lectura e teatro infantil. Os seus espectáculos de pequeno e mediano formato toman sempre como base a literatura infantil (contos clásicos, contemporáneos, e de creación propia) a Tradición Oral e o Teatro. Fundada no ano 2001, leva producidos máis de 20 espectáculos misturando neles monicreques, música en vivo, teatro de sombras, video, narración oral… e ten participado en diferentes mostras, horas do conto e festivais. Pablo Sánchez é diplomado en Ciencias da educación e Técnico en Educación Infantil. Conta con un posgrao en interpretación pola Universidade de Santiago de Compostela e completa a súa formación en escolas internacionais (Dell Arte en EEUU, Circomedia en Inglaterra; Scuola del Attore Cómico en Italia, etc).

Leva traballando dende o ano 1989 como docente, como actor en teatro e televisión, como titiriteiro, clown, contacontos, etc…

Máis eventos de tipo Espectáculo

O Apalpador
30 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Circonove
30 de decembro
Casa da Cultura. CIGANÍ, con Antón Coucheiro
Circonove
31 de decembro
Casa da Cultura. Circanelo, con Alfredo Pérez Muiño
Ecoralia, a lambona ecolóxica
10 de xaneiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal