Evento: D.E.P.

D.E.P.
domingo, 23 outubro, 2022 - 17:30
Casa da Cultura de Camporrapado,
Boqueixón

D.E.P.

Espectáculo de comedia.

Unha nai xa con demasiados anos, unha embolia, unha gripe e moi poucas ganas de morrer; un fillo próximo aos 50 cunha muller posesiva e medio calva, unha empresa que se afunde e unha xubilación que se afasta, que se afasta; outro fillo de 42 que a coida, báñaa, peitéaa e case a mata (á da embolia); unha ?Testemuña de Jeová? que os visita cada mércores; moitos cadernos e poucos aforros; unha casa que hai que vender " pero, xa! "; e unha noite interminable repleta de segredos inconfesables que acaban saíndo á luz e provocan a confesión máis crúa da función: "Fran, eu creo que non quero a mamá. ", dille Carlos ao seu irmán. "Pois mira que se se cura... ", contéstalles Fran á súa vez.

E como non queren que se cure polo seu ben, para que non sufra, porque isto xa non é vida nin é nada, empezan a idear maneiras de axudala, de darlle un empujoncito. E aparecen novos elementos: unha corda, e unha lámpada, e xanelas abertas, en inverno, ben abertas, e un coxín, e pan, un anaco de pan... E medo, moito medo. E a luz do día empeza a cegar, e acábase o tempo, e faino ti ou o fago eu, e non o fai ninguén, e unha gran sorpresa final, e... ah, se!

E timbres, moitos timbres.

 Iso é D.E.P. Unha comedia, claro.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Moby Dick
3 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á rúa
9 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
Caderno de cores e cancións
9 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Melisa quere traballar
10 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal