Evento: Don Quijote

Don Quijote
domingo, 14 marzo, 2021 - 19:00
Palacio da Ópera,
A Coruña

Don Quijote

Espectáculo de danza da man da compañía St. Petersburg Festival Ballet.

Ballet Don Quixote é unha das mellores creacións do famoso coreógrafo Marius Petipa. Por primeira vez a obra foi presentada no teatro Bolshoi de Moscova en decembro do 1869. A música para este ballet foi composta polo compositor austriaco Ludwig Minkus polo encargo do mesmo Petipa.
O brillo e o carisma do espectáculo, o seu sentido de humor atraen dunha maneira máxica cada vez máis xeracións dos bailaríns, coreógrafos e espectadores.
Don Quixote en versión de V. Gordeev baseada no libro de Miguel Cervantes ?O enxeñoso fidalgo Don Quixote da Mancha? é un dos títulos máis queridos polo público, dos ballets nun acto do repertorio da compañía.

Sinopse:
O mozo barbeiro Basil e a filla do tabernero Kitri están namorados. Pero o pai da moza está en contra desta unión. El está a desexar un partido mellor para a súa filla. O pai prefire ao ridículo ricachón Gamash. Pero o nobre cabaleiro Don Quixote animado polas novelas de cabalería e o seu fiel escudeiro Sancho Bandullo axudan aos mozos namorados unirse en matrimonio.
Este espectáculo está cheo de fortes emocións e de cor. Os personaxes do ballet non só bailan, viven no escenario. As miradas flamantes, as capas vermellas dos toureiros, os abanicos negros das mozas, os minuetos e seguidillas, os grandes saltos e 32 fuetes. Neste espectáculo uníronse o concepto español coa danza clásica. Os mellores solistas da compañía con moito gusto transmiten ao público a alegría, a que sempre experimentan eles mesmos, interpretando este espectacular ballet.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia