Evento: A Festa do Chivo
A Festa do Chivo
En `A festa do Chibo´ nárranse os últimos días do ditador Trujillo na República Dominicana, o autor válese para iso do personaxe de Urania Cabral, unha exitosa avogada que abandonou o país de forma misteriosa sendo unha nena. Tres décadas despois, regresa para visitar ao seu pai moribundo, o senador Agustín ?Cerebrito? Cabral, un antigo alto cargo do Réxime que caeu en desgraza. Durante esa viaxe, desvelarase o segredo que a protagonista gardou celosamente desde a súa fuxida.
`A festa do Chibo´ é unha lección de vida, que nos lembra que o valor e a dignidade son os únicos antídotos contra a maldade e a barbarie. Unha historia fascinante, baseada en feitos reais, protagonizada polo gran Juan Echanove e dirixida por Carlos Saura e adaptada por Natalio Groso. Unha nova produción do equipo dun dos grandes éxitos recentes da carteleira teatral, a adaptación da novela `O coronel non ten quen lle escriba´, de Gabriel García Márquez.



