Evento: Vente con nós: Monteira

Vente con nós: Monteira
sábado, 29 agosto, 2020 - 20:30
Porta do Sol,
Vigo

Vente con nós: Monteira

Música e baile de agrupacións.

Un total de 21 agrupacións de música e danza tradicional da nosa cidade farán sendas actuacións en diferentes prazas de Vigo. Trátase de parte da programación cultural que o Concello ten preparada para este verán.

Monteira naceu no ano 1989 e dende entón, reunímonos semanalmente para lembrar as danzas que coñecemos e para aprender outras novas, que os distintos membros do grupo recollen en diversos cursos e festivais, tanto nacionais como internacionais. ¿Por qué danzas populares? A través das danzas tradicionais e populares de diversas partes do mundo coñecemos, dalgún xeito, a outras xentes, a outras formas de expresión. É unha forma de contrarrestar a homoxeneización cultural moderna e de dar conta da diversidade que o ser humano posúe nas múltiples culturas existentes, así como un xeito de relacionarse san e divertido.

O noso obxectivo é revivir a danza tradicional e que volte ser o que foi, para que a interpretación musical e a danza popular deixen de ser un espectáculo contemplativo, e se troquen nun acto participativo. Por medio da danza ofrecémosche unha viaxe por diferentes países deleitándonos cos seus diferentes ritmos e melodías. Poderemos saír da nosa Galicia da man dunha Muñeira, ir cara a Euscadi cun Carnaval de Lanz, achegarnos ata Gasconia coa sua Mazurca e subir ata Bretaña a ritmo de Gavotte, saltar a Eire cun Set e atravesar Escocia bailando un Streep the Willow e mesmo voar ata Grecia para coñecer os seus Sirtós, pasar a Bulgaria coas súas melodías gaitas bailando un Rodopsko, etc. Invitámosvos a todos ós que vos guste a danza, sen límites de idade ou coñecemento previo, a asistir ás nosas xuntanzas semanais, así como as festas que organizamos ou ás animacións e obradoiros que facemos noutras asociacións culturais ou veciñais.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Imaxe
Hocus Pocus
2 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Odiseicas: as que tecen a historia
11 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Do reino (e) dos amores proscritos
14 de maio
Auditorio Municipal Gustavo Freire