Evento: Coro Koda + Tony Lomba + Sara Peral + Frankie Valencia
Coro Koda + Tony Lomba + Sara Peral + Frankie Valencia
Tony é un excéntrico cantante e showman da noite viguesa. De voz poderosa, canta e improvisa música lixeira, baladas italianas, flamenco, blues? sempre nun ton cómico e xocoso. Revolucionou as redes con temas como Miúdo tío, o mellor da miña cidade dedicado ao alcalde Abel Caballero, España, España, bandeira, bandeira. Entre o seu repertorio atopamos outros temas provocativos e chabacanos como son Ai Yoli Yoli, Métoma Toda, Mamada ou ?Follemos. Yes We Fuck.
Tony Lomba (estelar alter ego do sempre inquieto Germán Fandiño), leva toda a vida dando voltas de porca a preconcepciones e tabús nisto do mundo da música. O seu show é un auténtico espectáculo, extremo e jacarandoso, como é el. Un showman politicamente incorrecto, pero sempre rendido a cantarlle ao amor máis puro e incoherente.
Máis eventos de tipo Concerto