Evento: The Limboos
The Limboos
Rock na Rúa 3: The Limboos!!! Sábado 29 de Agosto no Parque da Feira Vella.Moito tempo levábamos intentando traer a esta banda ao Festival, e será por fin este ano tan estraño. Unha proposta única e orixinal. Unha mestura de estilos de músicas negras que van dende o soul ao rhythm and blues, con ritmos latinos irresistibles e reminiscencias jazz. Un son propio que nos fará mover o cu aínda que o teñamos pegado á cadeira.
Un pouco de alegría nun momento no que a necesitamos. Será un concerto moi especial no que unha vez máis apelaremos á responsabilidade de todos para cumprir coas condicións de distanciamento social, única ferramenta que temos nas mans para poder seguir gozando da música en directo.
Máis eventos de tipo Concerto



