Evento: Orquestra Galega de Liberación
Orquestra Galega de Liberación
A Orquestra Galega de Liberación presenta un ensemble de 16 músicos residentes en Galicia reunidos ao redor da música de vangarda, á procura de novas formas de creación espontánea, e á improvisación como fonte de investigación.
Un elenco que non necesita presentación ao estar formado por artistas e intérpretes recoñecidos nos distintos campos da música clásica, do jazz, das músicas de vangarda e da performance. Son 16 músicos cun percorrido vital e unha traxectoria internacional que en poucas ocasións atopamos conformando un proxecto tan contemporáneo e tan ancorado no noso hábitat musical de vangarda. Para esta estrea absoluta, ao equipo artístico súmanse dous técnicos de son e iluminación así como unha persoa de produción.
Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo e dirección)
Max Gómez (batería)
LAREIRA Legido (batería)
Javier Pereiro (trompeta)
Olivier Cano (saxo alto)
Xosé Miguélez (saxo tenor)
Diego Alonso (saxo tenor)
Rosolino Marinello (clarinete baixo)
Rubén Fernández (voz)
Faia Díaz (voz)
Antonio Bravo (guitarra)
Manuel Cebrián (guitarra)
Elena Vázquez (violín)
María José Pámpano (viola)
Macarena Montesinos (violoncelo)
Saúl Puga (contrabaixo)
Xurxo Pinheiro (Son)
Fidel Vázquez (Iluminación)
Inés Portela (Produción)
A Orquestra Galega de Liberación parte de material composto e arranxado para a ocasión, ao cal se lle suman as técnicas de improvisación dirixida, tales como o Soundpainting, unha linguaxe de signos aplicado á composición multidisciplinar en tempo real. É unha técnica creada nos anos setenta en Nova York, e que Xacobe Martínez Antelo aprendeu e perfeccionou directamente da man do seu creador Walter Thompson.
Máis eventos de tipo Concerto



