Evento: Recital de Helena Salgueiro
Recital de Helena Salgueiro
“Na distancia medran versos” é a proposta de poesía do Festival C para o mes de agosto, que terá lugar no Paseo da Ferradura da Alameda.
ESCULPIR A PULSIÓN QUE HABITAS. Estrea absoluta
Acción coreográfica poética de Helena Salgueiro
Esculpir a pulsión que habitas xira en torno a toda forza que "encorseta" ao corpo do individuo e á reflexión de por que a sociedade e a institución están enfermas, manexando referentes como Artaud, Van Gogh, Bergman e Bauhaus. Coreografías de danza que dialogan co patrimonio arquitectónico, recitado de poesía simultáneo e música electrónica ambiental son as pedras angulares da acción. Cara ao final, a performer interactuará con distintos materiais para converterse nunha estatua de xeso branco incapaz de respirar. Escultura, artes visuais, arquitectura somática, poesía, danza, arte de acción. Todo nesta peza: Esculpir a pulsión que habitas.