Evento: Recital de Helena Salgueiro

Recital de Helena Salgueiro
luns, 24 agosto, 2020 - 20:00
Alameda,
Santiago de Compostela

Recital de Helena Salgueiro

Recital de poesía.

“Na distancia medran versos” é a proposta de poesía do Festival C para o mes de agosto, que terá lugar no Paseo da Ferradura da Alameda.

ESCULPIR A PULSIÓN QUE HABITAS. Estrea absoluta
Acción coreográfica poética de Helena Salgueiro

Esculpir a pulsión que habitas xira en torno a toda forza que "encorseta" ao corpo do individuo e á reflexión de por que a sociedade e a institución están enfermas, manexando referentes como Artaud, Van Gogh, Bergman e Bauhaus. Coreografías de danza que dialogan co patrimonio arquitectónico, recitado de poesía simultáneo e música electrónica ambiental son as pedras angulares da acción. Cara ao final, a performer interactuará con distintos materiais para converterse nunha estatua de xeso branco incapaz de respirar. Escultura, artes visuais, arquitectura somática, poesía, danza, arte de acción. Todo nesta peza: Esculpir a pulsión que habitas.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n