Evento: Espiño

Espiño
venres, 18 setembro, 2020 - 23:00
Krazzy Kray,
Cambados

Espiño

Concerto de pop.

Alfonso Espiño (Santiago de Compostela, 1976) leva moitos anos sobre os escenarios, defendendo propostas valentes e honestas. A mediados dos anos 90 poñía en marcha Contrastes xunto aos irmáns Gonzalo Sende (guitarra rítmica, piano e voz) e José Antonio Sende (guitarra solista), e Pablo Villaverde (batería). Unha banda de pop clásico e atemporal con gran influencia dos Beatles que mereceu mellor sorte.

Despois chegaron os Mega Purple Sex Toy Kit, unha formación que durante a primeira metade do 2000 logrou facerse un oco dentro do panorama máis lisérgico nacional a base de psicodelia, garage e rock con influencias dos 60 e os 70. O proxecto se reactiva nos últimos anos, coa celebración de concertos puntuais e tamén para entregar traballos como o split con Fogbound  Fogbound / Mega Purple Sex Toy Kit: Pop Think In!? (Pop Think In!, 2015).

A súa seguinte parada foron Os Rapaces, unha banda con espírito sixty e corazón ye-yé que desgraciadamente se separan cando estaban no seu mellor momento? ?á parte da distancia xeográfica dos compoñentes nos últimos tempos, existía unha limitación estilística que me creou unha gran necesidade de romper as miñas propias barreiras creativas.  A pesar de que o grupo se atopaba tocando fenomenal e os nosos shows seguían sendo moi divertidos, non puidemos ou non soubemos loitar contra un teito que por motivos varios impediunos seguir evolucionando. Afronto a nova etapa con moitísima forza, grandes doses de ilusión e unhas enormes ganas de romper ese teito para Espiño, por agora desde a máis absoluta independencia e a autogestión, do mesmo xeito que viñamos facendo Os Rapaces e todos os meus anteriores proxectos explica Alfonso.

Desta forma, decide empezar unha nova vida. Pon en marcha o seu proxecto persoal: Espiño. Todo comeza en outubro de 2016. Alfonso decide gravar el só, todos os instrumentos, unha primeira maqueta, Demo 1 (2016), os días doce e trece con Martín Esturao (Os Feliz, Dr. Gringo, Mad Martin Trío) nos Bungalow Studios de Santiago de Compostela.  Nela inclúe os cortes Sen dúbida, Florinda e Beatle Brother. A primeira formaría parte do seu primeiro traballo, pero a segunda, unha mensaxe de alento para Fran Pérez Narf (Nicho Varullo, Vos Quinindiolas, Psicofónica de Conxo), que caía gravemente enfermo nese tempo, queda fóra foi por non soar oportunista. A desaparición de Fran foi unha enorme desgraza e un verdadeiro mazazo para moitísima xente, e tamén para a cultura galega en xeral. A canción está infestada de referencias ao mundo Beatle. Hai un par delas que son moi evidentes, como algún título de canción que está presente na letra, ou o ritmo basee do tema. Hai outras que só as descubrirán os máis acérrimos dos Beatles, e mesmo hai un par delas que só as puido entender o mesmo Fran Pérez.

En canto souben da grave doenza de Fran, escribinlle unha mensaxe privada para darlle un enorme abrazo e transmitirlle o meu aprecio e ánimo. El contestoume: ?Ti é ou meu Beatle Brother?, e a partir de aí compuxen a canción?.

Alfonso é un gran apaixonado e un dos maiores estudiosos da banda de Liverpool, el explícanos que en ?Beatle Brother? hai unha gran influencia de Revolver (Parlophone, 1966), que a guitarra rítmica aseméllase a ?Taxman? e que o só de guitarra investido lembra a outras cancións do disco como I?m only sleeping ou Tomorrow never knows Na letra cítase aos Blue Meanies (ademais, Os Malditos Azuis foi un dos grupos de Fran Pérez na década dos oitenta), os malos da película Yellow Submarine (George Dunning, 1968), e a canción Please, please Me. Outra referencia Beatle é que, igual que Hey Jude foi composta por Paul McCartney para enviar alento a Julian, fillo de John Lennon, durante o divorcio dos seus pais, Beatle Brother foi concibida como unha mensaxe similar para Narf na súa enfermidade?. Como vemos, non hai nada abandonado á casualidade.

Presenta a maqueta ao II Certame Galicia Creativa, convocado pola Fundación Autor? ?ao comunicarme a Fundación Autor que era finalista, busquei aos músicos e montei a banda, porque había que defender os dous temas presentados e dous a maiores en directo, catro cancións en total. O proxecto era secreto e non se fixo público ata que me deron o premio? explica.

A banda queda establecida con Alfonso (baixo e voz), Brais Sánchez (guitarras e coros), Alexandro González (teclados e coros) e Curro Marcos (Misquious / batería). A obtención do primeiro premio do II Certame Galicia Creativa na categoría pop/rock permítelles gravar o seu primeiro traballo: I (Fundación SGAE, 2017). Seis cancións escritas e arranxadas por Alfonso, quen ademais se encarga da produción xunto a Gerardo Amigo. Na gravación conta coas colaboracións de Álvaro Crego (trompetas e trompas) e Quim Fariña (Berrogüetto / violíns).

Seis cancións nas que mantén o seu gusto polo pop clásico e atemporal con coidados arranxos? ?as miñas influencias son o pop clásico anglosaxón, obviamente Beatles e Pink Floyd, pero tamén me fixo, en arranxos e melodías de todas as épocas e estilos, como The Move, The Stranglers, Caravan, Vainica Dobre, Pekenikes, Bibiano, Os Lóstregos, Buzzcocks, John St. Field, The Rosquettes ou mesmo Fogbound?.

Outro aspecto fundamental na súa música é a tradición musical galega desde os 70 ata a actualidade. En cancións como Ou dourado danzar ou Louro percíbese que o pop  se ve salpicado por toda a tradición folk rock galega, desde Bibiano a Emilio  Cao ?traballo nesa dirección, naquela que demostrou, grazas a Andrés do Varro, Bibiano, Cao e tantos outros, que o pop en galego pode ser fermoso e duradeiro O futuro pasa por seguir contribuíndo á renovación do cancioneiro galego en disco e en directo?.

En xuño de 2017 chega o single dixital Flores, Tambores e Ilusións? (Autoproducido, 2017)? Un corte terminado o 25 de abril, aniversario da Revolución dos Caraveis portuguesa? A canción está influída polos movementos sociais deste momento conflitivo que vivimos, á vez que propón unha cadencia rítmica de corte estival. Un corte profundamente melódico e delicado, cunha harmonía vocal a tres voces Flores, para regalarche amores / tambores, para levantar clamores / Ilusións / Cores, rumores e distorsión / máis licores, calores e descontrol / vexo doures, temores e destrución.

O verán é movido e Espiño pasa por multitude de festivais: Felipop, Noroeste Estrela Galicia, Feito a Man, Vive Nigrán e Festival da Luz.

  • Espiño | Acqustic

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións