Evento: Chamaquito Pistolas

Chamaquito Pistolas
mércores, 12 agosto, 2020 - 21:00
Evento online,
Santiago de Compostela

Chamaquito Pistolas

Concerto de rock galego.

Chamaquito Pistolas é un músico e autor do rock galego, agora afincado en Madrid, que chega dende Fin do Mundo cun saco cheo de cancións nas que conta os seus pensamentos, aventuras e inquietudes ao ritmo do rock, vals, tango, blues ou ranchera. 

Despois de case dous anos de xira polos escenarios da península con “Humano”, Chamaquito Pistolas crea nesta ocasión un mundo novo no que a súa propia sombra e a súa soidade son as compañeiras escollidas para acompañalo nesta actuación a golpe de guitarra, voz e clarinete.

Unha reflexión sobre estes tempos estranos que nos tocou vivir e que están cambiando a forma de relacionarnos.

Unha viaxe polos seus pensamentos e emocións que o 12 de agosto podes compartir con el n’A Ponte dos Concertos.

  • Chamaquito Pistolas - Oscura Luz

Máis eventos de tipo Concerto