Evento: Emilio Rúa: Lendas no Camiño

Emilio Rúa: Lendas no Camiño
xoves, 17 decembro, 2020 - 20:00
Teatro Colón,
A Coruña

Emilio Rúa: Lendas no Camiño

Concerto do cantautor ourensán.

Emilio Rúa , cantautor Ourensán, que leva encima dos escenarios desde os 5 anos, primeiro coa Orquestra do seu pai, logo en solitario, ten 8 discos publicados no mercado Emilio Rúa (Edicións do Cumio 2000 ), Vida Miña ( Boa Music 2006 ), Interior ( Pai Música 2010 ), Despois de ti, a chuvia (Editorial Galaxia 2011) co escritor Xosé Carlos Caneiro, Destino sur (Autoedición/SGAE 2014), Querida Alegría (Autoedición/SGAE 2016) , Cantares poesía galega (Autoedición/SGAE 2017) e Duetos (Sorte discos 2018).

Emilio ten 2 importantes premios nacionais  de cantautores cantando en galego: Cantigas de Maio ( Ceutí 2004 ) e Novos cantautores de Elx (2006).

Colaborou  e colabora co  audiovisual galego poñendo a súa música : no  Documetal  En Son de Paz do Instituto Galego de Educación para a Paz, na Serie da RTVG Chapa e Pintura, na  interpretación e  actuación na longametraxe Pradolongo.

Nos seus discos conta coas colaboracións de artistas como : Uxía, Luís Tosar, Carlos Blanco Guadi Galego (Berrogüetto), Kepa JunkeraTony Lomba, X.M.Budiño, Marcos Teira (Marful), Quim Farinha (Berrogüetto), Celina dá Piedade (Mariza, Rodrigo Leao), Carlos Castro(Fía na Roca, Budiño), Lucía Pérez, Fabián, Segundo Grandío (Estudo de gravación Casa de Tolos),Daniel Minimalia, Xestreu, etc

Emilio atópase na  plenitude dá a súa madurez musical. Neses  últimos anos, en paralelo á súa actividade musical en directo, estivo a traballar nun disco que colmará as expectativas dos seus seguidores e descubrirá ao compositor e artista de Ourense para aqueles que aínda non o coñecen.

Un disco gravado a dúo con 16 grandes nomes da música: Victor Manuel, A Shica, Javier Álvarez, Rebeca Jimenez, Carmen Paris, Josele Santiago, Rozalén, Carlos Goñi, Vicky Gastedo, Soledad Gimenez, Pablo Milanés, Rosa Cedrón, Javier Ojeda, Mercedes Ferrer, Luís Pastor e Dolo Beltrán.

  • Cancion pequena - Emilio Rua ft Victor Manuel

Máis eventos de tipo Concerto

Quitar o aire
19 de xullo
Ponte Maceira
Maxicamente
20 de xullo
Recinto Feiral de Río
Ecoralia a lambona ecolóxica
20 de xullo
Praza Alcalde Rojo Losada