Evento: Resurrection Fest Edición XS 2020
Resurrection Fest Edición XS 2020
O Festival Resurrection Fest Edición XS de 2020, do que a Xunta de Galicia é patrocinador principal, celebrarase en Viveiro entre o 21 e o 30 de agosto, contando cunha parte ao vivo, desenvolta coas correspondentes medidas de seguridade e hixiénico-sanitarias, e outra online do 29-30 de agosto, de carácter solidario, que chegará a 4 millóns de persoas e será unha plataforma de proxección de Galicia.
Os artistas confirmados para a parte presencial son True Mountains, Wasted Wiltons, Lendakaris Muertos, Onza, Angelus Apatrida, Strikebach, Crisix, Brothers Till We Die; Karras Martínez & DJ Llonas e Joni Ramos & Sunday Monday Club. O 29 e 30 é tempo para a parte online desta edición; retransmitida en streaming, terá un carácter solidario cos afectados da covid-19.
As entradas para os concertos de pago son nominativas con asentos previamente asignados, polo que serán persoais e intransferibles.
O Resurrection Fest é un dos 13 festivais de música profesionais integrados na marca Fest Galicia, impulsada desde 2018 pola Xunta de Galicia para promover a nosa Comunidade como destino musical baixo criterios de calidade, respecto ao medio ambiente e compromiso social.