Evento: Carta de Ajuste

Carta de Ajuste
domingo, 17 xullo, 2022 - 21:00
Praza do concello de Palas de Rei,
Palas de Rei

Carta de Ajuste

Espectáculo a cargo de Carta de Ajuste

Carta de Ajuste nace por accidente no ano 2010 como un proxecto baseado no versionado de grandes éxitos da música pop-rock en español dos anos 80 e 90 en formato acústico.

Os seus insensatos compoñentes, influenciados por agrupacións musicais de corte cómico como Les Luthiers, Académica Palanca ou Los Gandules entre outros, pouco a pouco imprimirán no seu espectáculo un carácter máis teatral, humorístico e desenfadado que os levará a adaptar no seu repertorio todo tipo de xéneros musicais, dende a rumba ou a música disco ata o funk, a música tradicional ou a lambada.

Por outra banda Carta de Ajuste presenta unha formación pouco usual tendo en conta o repertorio que defenden. Unha guitarra española, unha caixa peruana e dúas voces confiren ás versións adaptadas un son peculiar e característico que sorprende, abordando dende un punto de vista diferente cancións que levamos escoitando toda a vida. O caixón de xastre musical terminará collendo forma a través da deconstrución, no que a letras e estilo se refire, de éxitos imperecedoiros conformando un fío condutor perfecto para manter a atención e as ganas de divertirse do público, que buscará descifrar cada gag musical como si dun xogo se tratase.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións