Evento: Noite Lírica na Rúa- Loli Crespo e Luis Santana

Noite Lírica na Rúa- Loli Crespo e Luis Santana
martes, 18 agosto, 2020 - 23:00
Parque da Xunqueira,
Vilagarcía de Arousa

Noite Lírica na Rúa- Loli Crespo e Luis Santana

Concerto da soprano de Carril.

É unha das traxectorias máis extensas da música local e iso que, recoñece, chegou ?tarde?. Aínda que leva a música nas veas e desde o primeiro momento así o demostrou, non foi ata xa adulta cando puido empezar a formarse no Conservatorio de Vigo. O resto, é xa ben coñecido.

Carlos Núñez, Afasto Amoedo ou Fernando Raña son só algúns dos músicos cos que colaborou a carrilexa, que agora dá un salto cualitativo na súa carreira. Crespo, que xa conta no seu haber coa interpretación de seis zarzuelas, concertos coa Orquestra Nacional Portuguesa e diversas colaboracións co Coro da Capela da Catedral de Santiago ou o Orfeón Terranosa, entre outros, recoñece que o concerto de finais de mes é unha gran oportunidade. 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións