Evento: Alejandro Vargas Trío
Alejandro Vargas Trío
Naceu na cidade de Holguín (Cuba) o 4 febreiro de 1980. Comezou os estudos de música á idade de 6 anos, ata graduarse na especialidade de pianista concertista na Universidade ISA -Instituto Superior de Arte- da Habana.
Desde moi temperá idade recibe clases de composición co músico Joel Rodríguez Milord quen o inicia no jazz. E despois será o seu mestre Ulises Hernández, importante pianista e promotor da música clásica en Cuba. Realiza tamén estudos de composición co mestre Harold Gramatges, un dos pioneiros da música contemporánea cubana.
Na Habana forma o seu primeiro trío de jazz e participa no 2001 no Concurso Jojazz onde obtén o 1er premio. O seu disco Trapiche será o mellor disco de jazz do ano 2008 no certame Cubadisco, realizado todos os anos polo Instituto da Música en Cuba.
Aos 20 anos de idade é chamado para facer a súa primeira gravación fonográfica tendo a cargo a dirección musical e os arranxos de todas as cancións, sobre a música de Benny More para unha discográfica independente inglesa. O CD titúlase Calor. Nese mesmo ano participa no Festival Jazz Praza iniciando así a súa carreira como jazzista mentres cursaba estudos na Universidade.
En 2003 xa é oficial a súa agrupación musical denominándose Alejandro Vargas e Oriental Quartet, integrándose ao catálogo de excelencia profesional da empresa Música Popular, unha das máis recoñecidas do país. Desta maneira comeza as xiras internacionais viaxando a Festivais de Jazz.
Sendo un dos mozos jazzistas cubanos máis recoñecido no país, a estética que traballa no seu discurso composicional nútrese da raíz popular a través do Órgano Oriental, levando esta expresión á escena do jazz cubano.
Na actualidade coa súa New Trío seguen esta liña transpirando entre a vangarda musical contemporánea e o folklorismo cubano, con José Manuel Díaz ao contrabaixo e L.A.R. Legido á batería.
Máis eventos de tipo Concerto



