Evento: Banda Crebinsky

Banda Crebinsky
sábado, 21 agosto, 2021 - 20:30
Rúa do Curro,
Noia

Banda Crebinsky

Concerto desta banda directamente vinculada co cinema.

Unha pequena orquestra popular xurdida dun universo imaxinario do filme Crebinsky. Se houbese que etiquetar o seu estilo, podemos arriscar algunhas expresións como ?composicións eclécticas-delirantes próximas á world music que nos aproximaría á realidade. Da sua escoita reflexiva evidénciase un traballo musical de gran calidade,cheo de detalles,tanto a nivel compositivo como de interpretación.

Banda Crebinsky é unha formación directamente vinculada ao mundo do cinema, unha pequena orquestra popular xurdida dun universo imaxinario como se autodefinen, próxima en moitos aspectos a Emir Kusturica & The Non Smoking Orchestra.

O grupo nace co obxectivo de encargarse da banda sonora da película Crebinsky (Enrique Otero, 2011). Dirixidos polo bielorruso Yukhnevich Vadim (voz e acordeón) e Pablo Pérez (compositor, arreglista e baixo), oito músicos de ampla carreira conforman a banda: Fernando Abreu (clarinete, vibráfono), Carlos Castro (percusión), Jaime Lamas (violín), Miguel Queixas (batería), Pablo Regua (guitarra) e Enrique Otero (teclados).

É difícil separar o universo sonoro e o cinematográfico, xa que nas súas actuacións en directo utilizan imaxes da película, e a súa estética de tinguiduras soviéticas casa á perfección co filme. Crebinsky conta a historia dos irmáns Crebinsky, aos que as choivas torrenciais arrastran cando son pequenos, xunto coa súa vaca Muchka, a algún lugar perdido da costa. Illados do mundo e dos acontecemientos bélicos que lles rodean, crecen xunto a un faro, sobrevivindo de recoller as cousas que trae o mar. O ritmo cotián de convivencia coa súa vaca Muchka vese  alterado cando esta desaparece. Entón os Crebinsky inician unha procura desesperada que os levará desde a costa cara ao interior. A película, financiada por tres produtoras galegas - Control Z, Chevere Vision e Zirconcine- conta coa participación de Luis Tosar, Miguel De Lira, Sergio Zearreta e Celso Bugallo, entre outros.

Tras a realización da banda sonora, Banda Crebinsky (Lonxa Cultural, 2010), na que fusionan estilos como o folk, o klezmer, o jazz, o rock e a música clásica ou experimental, aderezados con letras en galego, ruso, castelán, francés e italiano; daba a impresión que a aventura terminaría. Pero en 2012 a banda entréganos o seu segundo traballo: Jet Lag (Fol, 2012), optando por un son máis ecléctico e directo, rápido no cambio de estilos, tempos, franxas horarias, culturas e idiomas nunha viaxe a un mundo en constante metamorfose. A aventura continúa cara adiante.

  • BANDA CREBINSKY - Un Piatto

Máis eventos de tipo Concerto

O Son do Camiño 2025
12 de xuño a 14 de xuño
Monte do Gozo
Concerto do dúo Mallou
14 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
xxiv-ciclo-musica-para-unha-epoca
XXIV CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA
15 de xuño
Museo de Belas Artes