Evento: Comando Radar
Comando Radar
Septeto de improvisación con condución. Fundado en 2017, baixo a dirección de Pablo Rega, e materializado nas Sesións H.A.L.Ou. (Vigo) como grupo residente de sálgaa Radar.
Este septeto de músicos galegos define a súa música como improvisación conducida. Proposta arriscada pero ao mesmo tempo cativadora. O seu directo é apto para todos os públicos.
O Comando non só entra polas orellas, tamén o fai polos ollos. Os temas xorden a través do director que con sinais constrúe cada unha das pezas. Os músicos moi atentos, entregados á improvisación e completamente envorcados na música. Aparece así unha coreografía entre eles que fai de fío condutor do espectáculo.
Os seus concertos teñen vida propia e neles podemos escoitar momentos de noise, free jazz, impro libre, electrónica, ou non...
Máis eventos de tipo Concerto



