Evento: Querido Extraño

Querido Extraño
sábado, 11 xullo, 2020 - 22:00
SalaSon,
Cangas

Querido Extraño

Concerto de rock, pop e blues.

QUERIDO ESTRAÑO é o alter ego musical do galego Arturo Delgado onde conflúen os estilos que sempre lle influíron (50´s rock, 60?s, western, swamp, pop, blues, folk?. ) pasados polo seu persoal filtro e abordando temáticas fronteirizas, bíblicas , terroríficas e mortuorias ambientadas en bosques , pantanos, desertos e lúgubres pobos da Iberia máis profunda e máxica, e impregnadas nun transfondo de escuro humor.

Despois dun bo puñado de maquetas caseiras en acústico, preséntase co Costalero Cruel / Monstro, single en vinilo de 7? publicado por Clifford Records preludio dun futuro LP, e no que nos leva de viaxe a través de procesións de Semana Santa fantasmagóricas e bosques encantados na mente do monstro.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto Xove Orquestra Terra Nova
15 de xaneiro
Biblioteca Pública de Lugo
Orquestra Sinfónica de Galicia
15 de xaneiro
Avenida do Burgo das Nacións